martes, 27 de outubro de 2026

 CAMPO A TRAVES 2026

O xoves 22 de outubro celebrouse en Caldelas De Tui a tradicional proba de campo a través 2026, organizada pola Agrupación deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM). Ata alí desprazouse o alumnado dende 2º ata 5º de primaria para disfrutar dunha mañá deportiva xunto con outros coles da zona. O esforzo e os resultados acadados foron moi bos, así como a experiencia deportiva vivida ese día. Parabens a tod@s.










 XOGOS POPULARES EN TOMIÑO

O alumnado de 6º desprazouse ata o CEIP Pedro Caselles en Tomiño onde se levou cabo unha xornada de xogos populares. Alí aprenderon a xogar á petanca, á chave e aos bolos celtas, confraternizando con outros coles da zona do Baixo Miño. Foi unha xornada onde se divertiron un montón!!!




martes, 29 de setembro de 2026

 A semana pasada o alumnado de 3º ata  6º disfrutaron de xornadas de baloncesto impartidas por adestradores do C. B. Caselas coa finalidade de darlles a coñecer o deporte do basket e que poden practicalo na súa propia vila. Unha experiencia xenial!!!